Saturday 18 de May de 2024

Xunta e Asociación Galega de Terapeutas ocupacionais reunense para estudar a posibilidade de crear un colexio profesional


O vicepresidente, Alfonso Rueda, reuniuse esta semana coa presidenta e a vicepresidente da Asociación, Andrea Alonso e Sabela Gómez

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse coa presidenta e a vicepresidente da Asociación Galega de Terapeutas Ocupacionais (APGTO), Andrea Alonso e Sabela Gómez, coas que abordou a posibilidade de crear o futuro Colexio Profesional de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.
A APGTO xa mantivera unha reunión co titular da carteira de Política Social, José Manuel Rey Varela, dentro da rolda de entrevistas que este está a manter coas entidades, organizacións e axentes de Galicia que levan a cabo a súa actividade no ámbito dos servizos sociais.
Os eixos da actividade da Asociación de Terapeutas Ocupacionais xiran entorno á formación e información para socios e terapeutas ocupacionais, a defensa da profesión e o mantemento das relacións con institucións e organizacións do seu ámbito.